A Pomba
- javier iglesias
- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
(texto revisado a partir dun escrito anterior)
Non lembro exactamente cando comecei a fotografar pombas.Non foi unha decisión consciente, nin un proxecto. Simplemente apareceron.

Camiñaba pola cidade sen un rumbo claro, observando máis que buscando.Ás veces a cámara pesa menos cando non se espera nada dela.Outras veces ocorre o contrario: cando se deixa de mirar para fotografar, a imaxe vólvese torpe.
A pomba estaba alí. Sempre está alí.Invisible pola súa cotidianidade, desprezada por común.E con todo, resistente, adaptada, silenciosa.
Fotografar non é capturar; é permanecer un pouco máis.Mirar ata que algo se ordena por si mesmo.
A cidade despregase en capas: ruído, présa, xestos repetidos. No medio de todo iso, hai momentos que non piden ser explicados.Só vistos.
Non buscaba símbolos, pero ás veces as imaxes tráenos.A pomba non representa nada concreto .Ou quizais represéntao todo: a permanencia, a espera, a vida que continúa á marxe dos grandes relatos.

Hai fotografías que non nacen para pechar un discurso,senón para deixalo aberto.
Este texto pertence a un tempo no que aínda estaba aprendendo a mirar.Hoxe, ao relerlo, recoñezo nel unha intuición que segue vixente:antes da imaxe, está a atención.
Este texto foi escrito hai anos, durante unha estancia en Dublín. Recupéroo agora como parte dun proceso de revisión de traballos e pensamentos que seguen dialogando coa miña práctica actual.


Comentarios